venres, 20 de xuño de 2014

Despedida a Manolo

Caro costou despegar a Manolo das súas tarefas para darlle unha sorpresa (Gracias Anxo)

Cando entrou ó Pabellón e viu a tódolos nenos, profesores e pais congregados arredor dunha pancarta que dicataba: 'MANOLITO, QUERÉMOSTE NO COLEXIO DE ALBEIROS' vimos na cara, e sobor de todo, na zancada larga que o conseguiramos. Non a esperaba... Sorpreeesaaaa !!



Dous meniños, neno e nena, acompañárono da mauiá ata o atrio e alí outros dous fixéronlle entrega dunha placa, cortesía desta Anpa, que tiña grabado en plata:

PARA UN GRANDE PROFESIONAL E MILLOR PERSOA, DE PARTE DE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE DE ALBEIROS. 

Seguida dunha grande ovación, ben merecida, porque, efectivamente, non haberá outro coma él. 
... como Manolo non hay ninguno.

Despois tódolos nenos correron darlle unha grande aperta colectiva.

Bicos e abrazos muitos. Unha lástima! 

Botarémoste de menos Manolo.


Despois xugóuse o partido de fútbol sala mixto de 5º contra 6º con resultado 1-9 a favor dos máis vellos que levaron a copa.

Partido 5º vs 6º

Sonia.


domingo, 15 de xuño de 2014

Desfile Arde Lvcvs MMXIV


Pom pom pom, potopopom pom pom pom ...
Toca desfilar, señor@s!
Domingo, 15 de Xuño do 2014.


Tantos traballiños pagaron a pena.

Que guap@s todos!!

De maravilla desfilamos cos meniños á cabeza. Paso moderado tirando a amodo. Perfect.

Moi ben caracterizados todos (ca salvedade das gafas, jajajá, cas inventaran antes!)

Nen@s levando estandarte e fofuch@s a turnos, adult@s carretando co palio que daba moi boa sombriña, risas en bon rollo... tupendo todo.

As entradas pro Circo non chegaron a nada (máximo 118 entradas) e debiamos ser, non sei, unhos 150. Sen importancia algunha pois a entrada é de recordo a efectos da organización do Concello (Xuventude) que estaba máis que avisado e reservou sitio para todos.

E o Circo... jajajá. Menudo pollo non montamos!

Unha vez acomodados os meniños baixo o palio pra dares sombra...

Pasámolo teta!. O que nos rimos señores!. Todos con la Roja.. jajajajá, Chus Vilela ié mundial.

Nosa Deusa arengaba a Albeiros dende o micro e os actores viñeron saúdar ós nenos e a dar a nhoraboa a Anpa pola participación no espectáculo.

Nhoraboa o Concello porque este ano, sí, tivo ben.

Que non hai outr@s coma nós!!! ALBEEEEEEEIiiiiRÓS !!
HURRA!!

Fotos do Desfile Arde Lvcvs MMXIV


venres, 13 de xuño de 2014

Excursión Praia 2014

Cuidadín co sol

que tódolos anos nos queimamos, ou pés ou coloretes.

Tódol@s nen@s soci@s poden acudir, cos seus irmaus e dous adultos máximo por unidade familiar.

Este 29 de xuño as 09.30 h quedamos frente o cole pra saíres todos xuntiños caminiño da praia.

Destino: Praia de Cabanas. 

Pasarémolo día na Praia, compartindo viandas (ou mesa de restaurante, cada ún ó seu criterio), poñéndonos moreniños (con responsabilidade), bañando, xogando, .... Jajajajá.


Pra reservar bus debedes ingresar 4€ por praza de bus na conta da Anpa:

Caixa Rural da Milagrosa 3070 0032 90 6114816322 
(poñer Nome Apelidos neno, Curso + nº adultos + irmáns se os houbera)

ate ó día de 20 de xuño. 

Vémonos na praia.

Sonia


sábado, 7 de xuño de 2014

Titulados en idiomas... hip, hip...

Hurra!!

Quen lle dera á Botella!!

11 aniños e xa teñen Titulación A2. Nivel máximo do usuario básico.
Certificado de por vida.
Já!


















En Inglés, obviamente.
Pois xa sabeis, se precisais alguén que se defenda na Grande Bretaña, haberá muitos pero estes tres están titulados.
Eu sempre quixen ir o mercado de Londres, xa teño quen regatee
....Ahhhh. Van voar, certo?

Bqs.
Sonia



sábado, 31 de maio de 2014

Axudas prós libros de texto curso 2014/2015

Hola  tod@s:

Que saibades que tedes a OBRIGA de entregalos para o curso que ven para un fondo solidario que se creara no colexio.

LEDE BEN: ESTADES OBRIGADOS A DEVOLVELOS, ainda que as axudas non chegan para financiar o 100% do custe dos libros.

Ala hai vos queda eso.........................

Axudas libros texto 2014 2015

Un saúdo

Elvira (fapacel)

Tamém podedes utilizar esta entrada para crear comentarios e intercambiar os libros entre vos .

Creai un comentarios cos libros que ofrecedes, os que queredes e un teléfono:

luns, 26 de maio de 2014

Campións de Liga 2013 /2014 e Campións da Copa Diputación 2014

Nhoraboa Campións !!!

Noso equipo de Balonmán é o orgulloso campión da Liga 2013 /2014.

Oeeee Oe Oe Oé.

E despois arrasaron e ... Campións Copa Deputación 2014

Equipo Albeiros Alevín 2013 /2014 . Campión de Liga

ALBEIIIII - RÓS !!

Bqs e bon traballo.

Sonia.

domingo, 18 de maio de 2014

Medalla de Ouro no XXXV TROFEO DE JUDO LICEO “LA PAZ”

Nooooée Oe Oe Oe...

Noemí Díaz Pérez. 2º de Primaria. Poucos kg.

Quentóuse e comenzou pinchar contrincantes ate que ...

'Sólo puede quedar uno'

XXXV TROFEO DE JUDO LICEO “LA PAZ”

MEDALLA DE OURO: 


Noe Díaz Pérez - Ouro na súa categoría no XXXV Trofeo de Judo Liceo La Paz




Nhoraboa Campiona!

Sonia.

xoves, 8 de maio de 2014

Obradoiros Arde Lvcvs MMIV


Estimados soci@s:

Xa comezaron os talleres de traxes, complementos e coiro, pra todo Lugo do Arde Lvcvs no CC. As Termas que durarán ate o día 7 de xuño. De luns a vernes de 17 h  a 20 h. 

Prá tódolos que non puidestes acudir ós talleres abaixo detallados que se organizaron no local desta ANPA témola repesca. Aínda hai tempo!

Tamén vai a modista e os monitores que vos poderán guiar e asesorar na elaboración dos traxes cas nosas cores. Ós tallleres de coiro e complementos tamén hai que acudir co material propio.

A pega e que xa non son exclusivos pra nós, pero a falta de pan...

Os sábados mañá na Casa da Xuventude (Avda de Madrid - 982 297 496) hai eso e máis: máquinas de coser.

jajajajá. Así cosía, así e así.

Ánimo señor@s!

Sonia.
Vémonos no cole!

sábado, 22 de marzo de 2014

Excursión Primaveira 2014

EXCURSIÓN CULTURAL 2014

Aquaciencia + Picnic + Mosteiro de Caaveiro

Sábado 26 de Abril


Reservas ate ó venres 11 de Abril (incluído)


Tódol@s nen@s socios poden reservar praza bus pros seus pandeiros e pódense acompañar de seus irmáns e de dous adultos por unidade familiar (Ver Notas) 


domingo, 9 de marzo de 2014

Antroido 2014

Festón !

Invitóuse a tódolos Socios & family á Festa Antroido 2014

Foi ó pasado Xoves 27 de Febreiro a partires das 16,30 h.

Non sei pa que nos estressamos tanto, se todo acaba saíndo:

Pase único señor@s !!!

xoves, 6 de marzo de 2014

Primeiros!!!!! Albeiros... hip, hip

HURRA !!!!

OeeeeOeeeOeOe

Nivelazo señor@s:

Pepa Pig Campións de Comparsa Infanitl Lugo 2014






Únicos !!!!! Albeiros, hip, hip ...

HURRA !!!!!

OeeeeOeeeOeOe


Nivelazo señor@s:

Mosqueteiros Campións de Reciclaxe Infanitl Lugo 2014


Simpáticos e traballadores: hip, hip

HURRA !

Así somos ALBEeeeeeeeeIRÓS !!!!

Non hai color señor@s:

Sen entrar sequera a concurso :



Campiona !! hip, hip...

HURRA !!!!

Campiona nas Termas 2014. Fusión Oeste.

Este ano Albeiros arrasou.

No Arde Lvcvs han flipar !


xoves, 9 de xaneiro de 2014

Chandal Extraoficial Cole de Albeiros.


Por fin chegou o pedido dos chandals, salvo algunha excepción,  i está prácticamente entregado. 

Que aínda non tes chandal ?

Achégate por Deportes Élide próba i encarga o teu. 

Deportes Élide ten un espacio reservado pra ANPA de Albeiros e compromete a exclusividade das nosas córes entre ós colexios da súa carteira. 

. . .

domingo, 29 de decembro de 2013

sábado, 9 de novembro de 2013

Samaín 2013


O 31 de Outono celebrámola festa do Samaín no Pabellón do cole e pasámolo deee meeedo !!

domingo, 29 de setembro de 2013

Xunta Directiva 2013 / 2014

A  A.N.P.A. invitou a tódolas nais e pais d@s nen@s inscritos no cole de Albeiros a participar na asamblea xeral ó luns 23 de Setembro ás 20.00 h. en primeira convocatoria e 20.30 h en segunda.

domingo, 30 de xuño de 2013

Desfile Arde Lvcvs III


Pom pom pom, potopopom pom pom pom ...
Toca desfilar, señor@s!
Domingo, 16 de Xuño do 2013.

as fotos!!


venres, 31 de maio de 2013

Festa Fin de Curso 2013

Festaaaaa!!
O 21 de xuño a partires das 16.30 h. celebrámolo remate deste curso 2012 - 2013 que pasou nun suspiro. 

Vai-vai clases e hola vacacions!!

domingo, 5 de maio de 2013

Excursión Primaveira 2013

EXCURSIÓN CULTURAL
Pra tódolos socios da A.N.P.A
Destino:
GRANXA BELELLE EN NEDA (FERROL)

Días:
28 /04 /2013
05 /05 /2013

Horario:
Saída: ás 09:30h. Frente ó cole de Albeiros

Coste:
Nen@s 11€ - Adultos 5€ (bus incluído).

A compañeira Isabel López Miguel, ca insistencia, profesionalidade e bon facer que a caracteriza, conseguiu que a Granxa Belelle abrira as súas portas en exclusiva pra Anpa de Albeiros, non un domingo, senon DOUS.


luns, 8 de abril de 2013

Arde Lvcvs MMXIII. Obradoiros.


Axenda dos Obradoiros caracterización ANPA Albeiros.


sábado, 9 de febreiro de 2013

OeeeeoeeeoeeeoeeeeOeeeeOeeee

A Armada de Albeiros 3º Premio de Comparsas do Concello de Lugo!!!!



venres, 8 de febreiro de 2013

Antroido 2013

Bueno bueno, señores,


Este ano, saímonos! Flipamos, qué nivel!. Incríble.

Tódalas, tódalas comparsas, sen excepción, estiveron FABULOSAS.

Pais e pequenos merecen a mais grande distinción, moito traballo e esforzo gratificouse dando o milor dos espectáculos:



xoves, 13 de decembro de 2012

Festa Nadal 2012.

Hou, hou, hou!!

Directiva 2012 / 2013


















O venres 21 xuntámonos a partires das 16:30h. pra despedílo trimestre, o ano e a celebra-lo Nadal cos amigos do Cole.