EXCURSIÓN CULTURAL
Pra tódolos socios da A.N.P.A
Destino:
GRANXA BELELLE EN
NEDA (FERROL)
Días:
28 /04 /2013
05 /05 /2013
Horario:
Saída: ás 09:30h. Frente ó cole de
Albeiros
Coste:
Nen@s 11€ - Adultos 5€ (bus incluído).
A compañeira Isabel López Miguel, ca insistencia, profesionalidade e bon facer que a caracteriza, conseguiu que a Granxa Belelle abrira as súas portas en exclusiva pra Anpa de Albeiros, non un domingo, senon DOUS.
Programa orientativo:
TALLERES DE PANADARÍA : aprenden como se transforman, conservan e
aproveitan os distintos productos do campo:
Trigo, millo, centeo, derivados do leite, etc.
Os nenos amasarán e
fornearán. E levarán o seu propio bolo á casa.
AVES
E MAMÍFEROS : Os
monitores mostrarán as peculiariedades de cada especie, así coma os seus
coidados, alimentación, etc. Na visita ás instalacións da granxa poderemos ver
os animais típicos dunha granxa e outros máis exóticos coma dromedarios,
canguros, llamas, monos, etc.
EQUITACIÓN: Zoa cuberta ou ó aire libre. Iniciación no
mundo da equitación, paseando en ponys ós máis pequenos e a cabalo os menos.
TALLER DE CETRERÍA : Incursión no interesante mundo das aves
rapaces: búhos, curuxas, águias. Exhibición de cetrería e xogos cos nenos.
Todo con monitores
profesionais que estarán en contacto permanente cos pequenos polo que
disfrutaremos dun día de asueto todos xuntos.
Pra comer cada quen traerá o que queira. Hai un refuxio cafetería e
disporémos dunha carpa, pechada e acondicionada con mesas e bancos, máquinas de
bebidas, frías e quentes, e microondas a disposición.
Vémonos no cole!
Sonia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario