venres, 8 de febreiro de 2013

Antroido 2013

Bueno bueno, señores,


Este ano, saímonos! Flipamos, qué nivel!. Incríble.

Tódalas, tódalas comparsas, sen excepción, estiveron FABULOSAS.

Pais e pequenos merecen a mais grande distinción, moito traballo e esforzo gratificouse dando o milor dos espectáculos:





A VIDA DULCE
4º Infantil. Organizan: Liliana de 4º A e Rocío de 4º B.

¡As ovelliñas! Xeniais, orixinais, monísimas. T'aban en tempo de muda, eso sí, enternecéronnos a todos e non nos deron soño ningún (nin fame, a Anpa pode prometer e promete que non comimos nin año nin cordeira).

Vale, aclarando dúbida popular: todo algodón.
Bolas de algodón, toditas, unhas brancas outras coloreadas, unhas... Grandes, outras menos, outras ....rizo egipcio... segundo os genes (obviamente).
Os años todos blanquiños, que logo cos anos, xa se sabe, en vez de canear, sempre ó revés. Véñenlle as cores, pardas e negruzcas... algodón dulce señor@s. O pastor... en fin, non vai face-lo chaleco de lino.

Quiteille un pouquíño o ruido do entusiasmado público pra que gardeis un vídeo-recordo máis claro:

Actuación das ovelliñas

O CIRCUS DE ALBEIRUS.
5º Infantil. Organizan: Olga, Cristina e Merce.

Bueno, bueno que decir... estupendos, maravillosos, divertidos. A carpa, o coche, toda unha escenografía, moi orixinal tamén, e tan, tan variada plantilla... Eles pasárono bomba e contaxiáronnos a todos.
O espectáculo mais grande do mundo, señores.

Actuación do Circus de Albeirus

A FORZA DA TERRA.
6º Infantil. Organizan: Maica de 6º A e Beatriz de 6º B.

Fabulosos asimesmo, os traxes, as pinturas de guerra, o atrezzo. Maravillosos tamén. Os pequenos tan compasadiños... coma unha tribu. Fixérono de muerte. (e non se comeron a ninguén tampouco)
E que non dábamos crédito cada comparsa era tan boa coma a anterior. Conectamos ca Mai Terra cos seus ritmos primixenios.

Vídeo orixinal da Forza da Terra

Actuación da Forza da Terra en formato .avi

Actuación back da Forza da Terra by Rafa

VIDA ACUÁTICA
1º Primaria. Organiza: Rocío e Sonia..

A escola submarina estupenda e orixinal actuou con cantiga propia dos pequenos. Lástima que o sonido non dera mais de sí. Intentaremos no montaxe dos vídeos separálo noutra pista pra que quede pra posteridade. Non chegará os 40 pero queda pros orgullosos pais de tan selecta clase. E os profes.... non teño palabras.

Vídeo orixinal da Escola Submarina

Actuación da escola submarina en formato avi

Vídeo orixinal de Begoña

Actuación da Escola Submarina by Bego.avi

Vídeo Reverso by Rafa

A ARMADA DE ALBEIROS.
2º Primaria. Organiza: Pily e Mª Luz.

Qué decir, concentrados e disciplinados fixéronnos bailar a todos a ritmo da súa cantinela. A mais risueña, a capitana, habería que facerlle un consello de guerra, non se pode ser tan feliz levando unha cuadrilla.
Bueno e os traxes! outra pasada, eso sí que é reciclar o outono, camuflaxe total.

Actuación da Armada de Albeiros orixinal

RECICLANDO MÚSICA.
2º Ciclo Primaria. Organiza Chus, mai de Naila.

Qué vos vou contar das obras de Chus. Todo, escenografía, coreografía, vestuario. Tupendo como era de esperar. E os artistas, bueno... eu flipei. Non ves que un pabellón cheo de pequenos no quitaba ollo despois de tar quietos tanto tempo.Maravillosos tamén

Actuación Reciclando Música

O SERJAS XA ME MATA.
3º Ciclo Primaria. Organiza Víctor.

Os mais vellos do cole puñéron a guinda cunha parodia de Urxencias, na sala de espera unha paciente que estornuda ollos e outro que morre de vello. Anestesias baixo pago e ciruxanos con serrucho. Coreografía brasileira pra quitarlle ferro a cousa e caos total coma a vida mesma. Moitas congratuleixons levou o cura.

Actuación dos do Serjas en formato avi

Nin de coña imaxinamos tantísimo nivel. Nhoraboa a todos, pais e pequenos.
Albeiros é a cuna do Antroido, é festivo en Lugo porque estamos nós.

Grabamos tódalas comparsas e publicaránse a disposición de tódolos socios. 

O concurso tamén foi un éxito e o chocolate de miedo. Tanto arte, barriguiñas cheas.... muito imos chorar no enterro da sardiña!

Tódolos participantes autorizan a ANPA de Albeiros a grabación de foto e vídeo e a súa edición e publicación sen fines lucrativos a efectos de recordatorio. 

Sonia.
Vémonos no cole!

Ningún comentario: