domingo, 9 de marzo de 2014

Antroido 2014

Festón !

Invitóuse a tódolos Socios & family á Festa Antroido 2014

Foi ó pasado Xoves 27 de Febreiro a partires das 16,30 h.

Non sei pa que nos estressamos tanto, se todo acaba saíndo:

Pase único señor@s !!!

Ante todo...

Grazas, gracias, graciñas a tódolos socios anonymous que, sen etiqueta, sen premio, a mezclar entre todos, sen máis aplauso co do paladar, trouxeron doces caseiros: os pequenos merendaron a fartar e aínda puidemos picar algo os grandes: 


mira, había cousas ... deliciosas, elaboradas, espectaculares. Hip, hip... un HURRA pola cociñeira!



Ninguén enviou petición algunha nin a este ANPA nin a Secretaría en relación á exclusion dos rexistros de imaxe protexidos pola lei de protección de datos. Ié comprensible, todos os participantes tamos estupendísimos como se verá mais adiante. Honra Albeiros: Hip, hip... un HURRA por tódolos participantes. Polo tanto a descarga do material audiovisual ié libre. 

Polo de agora vou ir publicando os vídeos en formato .mpg tal cual saíron da cámara, porque os socios teñen apuro e queren ver ós seus retoños, xa!. Eu enténdovos, ... fixérono tan ben.
Nunhes días iran saíndo os mesmos vídeos en formato .avi con menos ruido de fondo, etc pra teres outra opción pra gardar.

Graciñas a Feli e a Pedro que son os vídeos que se publican. Mención especial ten un cabaleiro anonymous que o pobre veu suando ca lingua fora pra darnos copia da súa grabación presoal. Publícase co nome de "Como se fixo"


Os trasnos quixéronola xogar toda a tarde, non lembro día no que fora todo tando do revés. Pero entre a colaboracióno de todo Albeiros e Vitocho ca cinta americana... jajajajajá. A cousa foi saíndo. 

Sego esperando as grabacións consentidas dentro da área de Audiovisuais. Conto que en breve nolas pasen pra publicalas, por suposto.

Comparsas

4º Infantil - Tema: `UNHA VELLA TIÑA UN CAN`- Organiza: Patricia Vázquez e Cía.
Símpatiquísimas ás pulgas do cole e cunhos @ais implicad@s.
Boísimos... hip, hip...

Unha vella tiña un can.

5º Infantil - Tema: `PEPA, A RANCHIÑA`- Organiza: Lili Pérez e Cía.

Pepa, a ranchiña e amigos. (CAMPIÓNS COMPARSAS CONCELLO DE LUGO 2014)

6º Infantil - Tema: `REGRESO Ó PASADO`- Organizan: Olga Glez e Cristina Vázquez.

Fusión Oeste. (CAMPIONA INDIVIDUAL 'AS TERMAS 2014')
Fusión Oeste - Filmación Albeiros no Oeste - Escena 6 toma 5 (agora sí)

1º Primaria - Tema: `HAXA PAZ`- Organiza: Isa López e Eva Yebra

Paz en Albeiros

2º Primaria - Tema: `TODOS PARA UNO!`- Organizan: Chus e Cristina

Mosqueteiros de Albeiros (CAMPIÓNS RECICLAXE CONCELLO DE LUGO 2014)

2º Ciclo Primaria - Tema: `CARNAVAL, CARNAVAL`- Organiza: Rocío

Salvamento de Albeiros

3º Ciclo Primaria - Tema: `MAMMA MÍA !!`- Organiza: Chus Vilela.

Mimadriña !!



Vémonos no cole !

1 comentario:

Unknown dixo...

ANDE ANDE LA MARIMORENA QUE ES LA NOCHEBUENA.O SANTIAGO